lector -ra

< lat lectōre
Plural: lectores Masculino: lector Masculino plural: lectores Feminino: lectora Feminino plural: lectoras
  1. adx Que le ou que lle gusta ler, ben para si mesmo ou para outras persoas. Tm s, referido á persoa.
  2. s EDUC Persoa que, nun centro de estudo estranxeiro, se dedica a ensinar a lingua e a literatura do seu país.
  3. s Persoa que, nunha editorial, le e revisa os textos orixinais que se reciben.
  4. RELIX
    1. s Persoa que nunha celebración litúrxica le as lecturas.
    2. s m Crego que recibiu o lectorado.
  5. s m INFORM Aparato que está destinado a interpretar os sinais de información rexistrados nun soporte determinado e convertelos en correntes eléctricas que facilitan a restitución da información rexistrada nel.