sfConxunto de paxaros, da familia dos motacílidos, que teñen a cola longa cunha gran mobilidade e o peteiro e as patas finas. Adoitan atoparse en lugares húmidos.
lavandeira branca [Motacilla alba]Lavandeira que ten o píleo negro contrastado coa longa fronte branca, as ás negras, cos extremos e bordos das cobertoras brancos, e a cola negra cos bordos brancos. O macho ten a parte de atrás da cabeza negra separada do negro do peito, e o dorso e as ás gris pálido.
lavandeira real [Motacilla cinerea]Lavandeira que ten o dorso gris azulado pálido, partes inferiores amarelo verdosas e cola moi longa, lista superciliar estreita e abrancazada, gorxa branca na maior parte e parte inferior amarela brillante.
lavandeira verdeal [Motacilla flava]Lavandeira que presenta plumaxe distinta dependendo do sexo. O macho ten a cabeza gris escura, o dorso verde por riba, con dúas franxas de cor amarela abrancazada nas cobertoras alares case negras e a femia ten a cabeza de cor parda con tons verdosos e a gorxa clara. As partes inferiores de ambos son de cor amarela.
sfMuller que lava a roupa.
sfETN/MITMuller que habita nas fontes e que se presenta envolta nunha aura misteriosa.