lavado -da

< lat lavātu, pp de lavāre
Plural: lavados Masculino: lavado Masculino plural: lavados Feminino: lavada Feminino plural: lavadas
  1. p reg lavar.
  2. adx Que está ou vai aseado.
  3. adx Aplícase á comida que ten auga de máis.
  4. adx Que actúa dun xeito cínico ou desvergoñado. Tm s.
  5. s m Acción e efecto de lavar ou lavarse.
  6. s m ARTE Técnica que consiste en dar cor a un debuxo con tinta ou colorantes diluídos en auga.
  7. s m Empresa de explotación artesanal de aluvións auríferos.
  8. s m IND Tratamento que se dá a un mineral bruto para eliminarlle a parte estéril.

Sinónimos

Citas

  • O caldo lavado tamén recibe o nome de caldo encanado

Palabras veciñas