lavabo

< lat lavabo, futuro de lavāre ‘lavar’
Plural: lavabos
  1. s m Peza de porcelana, cerámica vernizada ou outros materiais como o aceiro, cunha ou dúas billas, que se utiliza para o aseo persoal.
  2. s m p ext Cuarto da casa destinado ao aseo persoal.
  3. s m ARQUIT Fonte situada nos claustros dos mosteiros na que os monxes lavaban as mans despois de xantar.