lanzón

Plural: lanzóns
  1. s m ANIMAL/ICT Peixe dos xéneros Notolepis, Hyperoplus, Sudis e Alepisaurus que presenta o corpo moi alongado e comprimido.
  2. lanzón branco ANIMAL/ICT Peixe óseo, da familia dos paralepídidos, de corpo branco, con puntos negros, alongado e comprimido, coa cabeza forte con ollos grandes, aleta dorsal curta e unha aleta adiposa próxima á base da aleta caudal.
  3. lanzón común ANIMAL/ICT bolo común.
  4. lanzón marelo ANIMAL/ICT Peixe óseo, da familia dos paralepídidos, que presentan o corpo amarelo con puntos negros e alongados e comprimidos lateralmente, cos ollos grandes, aleta dorsal pequena e aletas pectorais grandes e amplas.
  5. lanzón vela ANIMAL/ICT Peixe óseo, da familia dos alepisáuridos, de corpo verdoso con reflexos azulados, moi alongado e comprimido lateralmente, aleta dorsal moi longa, ocupando case todo o dorso, en forma de abano e pel sen escamas.

Palabras veciñas