lai

< fr lai irlandés laid ‘canto’
Plural: lais
  1. s m LIT Composición medieval, narrativa ou lírica, de tipo amoroso na que se cantan lendas do ciclo bretón.
  2. lai lírico artúrico/integrado LIT Poemas musicados formados por unha serie de estrofas de catro versos isométricos e isostróficos monorrimos, non autónomos pero funcionalmente inseridos na trama narrativa dos romans en prosa tardíos.
  3. lai lírico independente LIT Composición estrófica musicada que se distingue da cançó por motivos máis formais ca conceptuais, maior extensión, heterometría e heterostrofia.
  4. lai narrativo LIT Breve relato con couplets d´octo-syllabes non musicado.

Palabras veciñas