lagoa

< lat lacūna
Plural: lagoas
  1. s f XEOG Extensión de auga que ocupa unha depresión do terreo, de menor dimensión ca un lago.
  2. s f
    1. Omisión, interrupción ou espazo baleiro na continuidade de algo, especialmente nun texto escrito.
    2. Cousa que non se recorda ou se descoñece.
  3. lagoa legal/da lei DER Falta de regulación que se produce cando o ordenamento xurídico no seu conxunto non achega ningunha regulación a unha determinada situación de feito.
  4. lagoa do dereito DER Falta de regulación legal que se produce cando o conxunto de normas de carácter legal non achega ningunha regulación a unha determinada situación de feito.

Citas

  • A avoa ten moitas lagoas da súa infancia, A historia dos primeiros poboadores ten moitas lagoas

Refráns

  • Non bebas na lagoa nin cuspas máis dunha "aceitona".