lacunario

< lat lacunarĭu
Plural: lacunarios
  1. s m ARTE Conxunto de cavidades dun casetonado.
  2. s m ARTE Cavidade de forma xeométrica coa que se decora un sofito, o intradorso dunha bóveda ou arco, ou a cara inferior do dintel. É consecuencia do cruce das trabes ou molduras.