anacardio

< gr ἀ νάκαρδος
Plural: anacardios
    1. s m PLANTA Árbore, da familia das anacardiáceas, de follas alternas, simples e coriáceas, e de flores irregulares, propia de América Central e cultivada nos países cálidos polo seu froito (anacardio), e pola súa madeira.
    2. s m BOT Pedúnculo carnoso e piriforme do froito do anacardio, zumarento, agridoce, recendente e comestible.
  1. QUÍM
    1. s m Exsudado da casca do anacardo, que ten diversas aplicacións, como tintas, insecticidas, produtos farmacéuticos, vernices ou encadernacións.
    2. líquido de anacardio Líquido que se obtén da pel do froito do anacardo cuxos principais compoñentes son o ácido anacárdico (90%), un difenol e un produto vesicante.