laca

< ár hispano lákk ár lakk persa lāk sáncr lākkā
Plural: lacas
  1. s f QUÍM
    1. Resina producida polos insectos da subfamilia dos lacciferinos. Emprégase na fabricación de vernices, no tratamento das peles e na decoración de obxectos de arte.
    2. Resina producida pola exsudación de certos vexetais. Principalmente provén de árbores dos xéneros Rhus e Melanorhoea. Aplicada en películas finas, endurécese en contacto co aire e vólvese transparente e resistente aos ácidos, aos alcalinos e a boa parte dos disolventes orgánicos. Emprégase na preparación dos vernices.
    3. erniz duro e brillante que se obtén a base de laca natural ou de produtos sintéticos.
  2. s f TÉXT Composto insoluble, con cor propia, que resulta da acción dun colorante sobre un mordente.
  3. s f Produto que se fai con resinas sintéticas que, vaporizado sobre os cabelos, os recobre dunha capa protectora e evita que se despinten.