laboratorio

< laborar
Plural: laboratorios
  1. s m QUÍM/MED Local disposto para efectuar investigacións científicas ou técnicas, análises químicas, preparados farmacéuticos, probas ou ensaios industriais.
  2. laboratorio fonético LING Conxunto de instrumentos, instalacións e servizos anexos destinados á recollida de emisións fónicas, previamente seleccionadas, e á elaboración técnica dos materiais reunidos.
  3. laboratorio fotográfico IMAX Local acondicionado para facer o revelado dos negativos fotográficos e obter copias positivas.