labirinto

< lat labyrinthu gr λαβύρινθος
Plural: labirintos
    1. s m Circuíto con camiños intrincados que, unha vez dentro, fan difícil atopar a saída.
    2. s m MIT Composición arquitectónica ou xardín de complicada estrutura e con difícil ou imposible saída.
  1. s m Cousa confusa e enleada.
  2. s m Conxunto de estruturas que constitúen a orella interna e que consta dun compoñente óseo escavado no óso temporal (labirinto óseo) e dun compoñente membranoso (labirinto membranoso), cheo da endolinfa e separado das estruturas óseas pola perilinfa.
  3. s m FÍS/TECNOL Xunta de estanquidade para fluídos, que se emprega para unir órganos fixos e móbiles. Está provista dunha serie de paredes e compartimentos que producen unha forte caída de presión.
  4. s m ARQUEOL/PREHIST Gravado formado por liñas complexas con finalidade simbólica.
  5. s m ARTE Motivo decorativo formado por liñas en ángulos rectos ou en espirais, semellantes aos meandros, pero cun desenvolvemento radial.
  6. s m ARTE Lousa de carácter decorativo que se colocaba no cruceiro dalgunhas igrexas medievais.

Formas incorrectas

laberinto