itinerario -ria

< lat itinerarĭu ‘relativo á viaxe’
Plural: itinerarios Masculino: itinerario Masculino plural: itinerarios Feminino: itineraria Feminino plural: itinerarias
  1. adx Relativo ou pertencente ao camiño.
  2. s m Proxecto de percorrido previo a unha viaxe ou marcha.
  3. s m Camiño que se segue para ir dun lugar a outro.
  4. s m XEOG Método de determinación das posicións dos vértices dunha liña poligonal topográfica baseada na medida dos segmentos determinados por cada paralelo de vértices coñecidos e dos ángulos que forman os segmentos.

Citas

  • Fixaron o itinerario da manifestación cun mes de adianto

Palabras veciñas