iónico -ca

< ión + -ico
Plural: iónicos Masculino: iónico Masculino plural: iónicos Feminino: iónica Feminino plural: iónicas
  1. adx Relativo ou pertencente aos ións.
  2. adx Que contén ións.
  3. cristal iónico FÍS Cristal composto por ións de elementos fortemente electropositivos e ións de elementos fortemente electronegativos.
  4. enlace iónico QUÍM Enlace en que os electróns de valencia se redistribúen ata obter, para cada átomo, unha configuración electrónica de gas nobre ou de pseudogas nobre, que dá lugar á formación de ións de signo contrario. OBS: Tamén se denomina enlace heteropolar.

Palabras veciñas