inxección

< lat iniectĭōne
Plural: inxeccións
  1. s f Acción e efecto de inxectar ou inxectarse.
  2. s f MED
    1. Introdución no interior dun organismo dunha solución ou suspensión estéril por medio dunha xiringa ou dun instrumento axeitado.
    2. Líquido que se inxecta.
  3. TECNOL
    1. s f Sistema de alimentación dos motores alternativos de combustión interna que consiste en inxectar a cantidade axeitada de combustible directamente dentro da cámara de combustión (inxección directa) ou á entrada do cilindro, preto da válvula de admisión (inxección indirecta).
    2. bomba de inxección Bomba que se emprega na inxección de combustible que dosifica a cantidade de combustible inxectada e fornece a presión adecuada.
  4. s f IND Técnica de moldeado que consiste en introducir a aliaxe a presión no molde e efectuar a solidificación nas mesmas condicións.
  5. s f MAT Aplicación inxectiva.
  6. s f PAT hiperemia.