involución

< lat involutĭōne ‘acción de envolver’
Plural: involucións
  1. s f Paro e retroceso no desenvolvemento de algo.
  2. BIOL
    1. s f Conxunto de modificacións regresivas naturais ou por alteracións que se producen dentro dunha célula, un órgano ou un organismo.
    2. involución senil Involución que sofre o organismo dunha maneira xeral ao chegar á vellez.
    3. involución uterina Retorno progresivo do útero á súa dimensión normal despois do parto.
  3. s f MAT Transformación que, sendo distinta á identidade, aplicada dúas veces sucesivamente dá a identidade.

Antónimos

Citas

  • Tralo cambio de goberno houbo unha forte involución na política social