inviolabilidade do domicilioDereito fundamental dos cidadáns, en virtude do que se prohíbe a entrada e o rexistro do domicilio sen o consentimento do seu titular ou de resolución xudicial, agás en caso de delito flagrante.
inviolabilidade parlamentariaProtección penal especial da que gozan os membros dunha cámara lexislativa, pola que teñen unha total irresponsabilidade xurídica polos actos e as opinións realizadas no exercicio do seu cargo.
inviolabilidade persoalEspecial protección penal da que gozan as persoas que ocupan determinados cargos públicos.