< lat hibernu, de tempus hibernus ‘tempo invernal’
Plural:invernos
smCLIMATEstación do ano que segue ao outono e precede á primavera, caracterizada por ser a de menores temperaturas, que no hemisferio boreal comeza o 21 de decembro e remata o 21 de marzo, e no hemisferio austral comeza o 21 de xuño e conclúe o 21 de setembro.
Refráns
A inverno chuvioso, verán abondoso.
Cando no inverno oíres tronar, vende os bois e bótao en pan.
Cando Santos acaba, o inverno empeza.
Con ben pan e moita leña o inverno a ninguén empeña.
En tempo mollado vende a la e deixa o fiado.
Entre Santos e Navidade é inverno de verdade.
Inverno de xeadas, moito gran e pouca palla.
Non hai no inverno mal can nin ruín pólvora no verán.
O gando no inverno quere estar ben mantido.
O inverno come e non cría.
O veranciño de san Martiño, ou grande ou pequeniño.
Santos e Nadal, inverno camal.
Sol de inverno sae tarde e ponse cedo.
Un mes antes e outro despois de Navidade é inverno de verdade.