inventario

< lat inventarĭu
Plural: inventarios
  1. s m Enumeración ou reconto de xeito preciso dos bens ou materiais de que se dispoñen.
  2. s m Lista de cousas inventariadas.
  3. s m DER Enumeración, normalmente anual, de todos os bens patrimoniais dunha empresa que se rexistra no libro de inventarios e balances.
  4. s m BOT Anotación das especies vexetais e de diversos datos de interese xeobotánico dunha estación ou dun lugar determinado.

Citas

  • Fixeron o inventario das mercadorías que quedaban por distribuír
  • Revisa o inventario para repoñer os libros que faltan