inundación

< lat inundatĭōne
Plural: inundacións
  1. s f Acción e efecto de inundar ou inundarse.
  2. s f XEOG Desbordamento dun curso fluvial fóra do seu cauce normal causado por un incremento do seu caudal superior á súa capacidade.

Refráns

  • Cando o río non fai roído ou non leva auga ou vai moi crecido.
  • Cando os regos teñen chea, nunca limpa a auga levan.