introgresión

Plural: introgresións
  1. s f XEN Fenómeno de retroencruzamento espontáneo reiterado dun híbrido interespecífico cunha ou coas dúas especies parentais.
  2. introgresión alopátrica XEN Introgresión que ten lugar entre especies que ocupan áreas xeográficas diferentes.
  3. introgresión simpátrica XEN Introgresión que ten lugar entre especies que teñen distribucións xeográficas semellantes pero que se manteñen separadas por barreiras ecolóxicas.