introdución

Plural: introducións
  1. s f Acción e efecto de introducir ou introducirse.
  2. s f
    1. Aquilo que se escribe ou se di ao comezo dun libro ou dun discurso, antes de entrar en materia.
    2. Tratado preliminar.
  3. s f Obra ou curso que inicia ao coñecemento, ao estudo dunha disciplina ou ciencia.
  4. s f MÚS
    1. Fragmento musical, xeralmente lento, situado ao inicio de sinfonías e que precede a un movemento máis rápido.
    2. Breve preludio que precede a algunhas óperas.

Formas incorrectas

introducción