intradermorreacción

< intra- + dermo- + reacción
Plural: intradermorreaccións
  1. s f MED Reacción inflamatoria local que aparece no punto da pel onde se aplicou unha inxección intradérmica cunha cantidade mínima de toxina, antíxeno, medicamento ou calquera outra substancia e que permite estudar o grao de receptividade ou de inmunidade dun suxeito.