intersticial

< intersticio
Plural: intersticiais
  1. adx Relativo ou pertencente aos intersticios.
  2. adx XEOL Aplícase ao mineral dunha rocha que ocupa os intersticios entre os restantes minerais que a forman.
  3. composto intersticial QUÍM Composto cristalino formado por metais de transición e elementos lixeiros, en que os átomos lixeiros se sitúan nos intersticios da malla espacial do metal de transición.