intersección

< lat intersectĭōne
Plural: interseccións
  1. s f Lugar onde se cruzan dúas ou máis cousas de estrutura lineal, especialmente vías ou camiños.
  2. s f MAT
    1. Acción e efecto de intersecarse.
    2. Conxunto formado por elementos que pertencen, ao mesmo tempo, a dous conxuntos ou máis. A intersección de dous conxuntos, A e B, denótase por A 3 B.
    3. Operación que consiste en atopar o conxunto intersección.
  3. s f XEOG Sistema para determinar as coordenadas dun punto inaccesible no terreo, que consiste en dirixir cara ao punto un certo número de visuais desde puntos de coordenadas coñecidas.