interpolación

< lat interpolatĭōne
Plural: interpolacións
  1. s f Acción e efecto de interpolar.
  2. s f MED Transplante cirúrxico dun tecido.
  3. s f LIT
    1. Alteración dun texto, frecuente nos clásicos, que se debe á tendencia dos escribáns a facilitar a claridade do autor.
    2. Palabra interpolada no texto. Nas crónicas medievais, a presenza de interpolacións debeuse ao desexo de engadir datos considerados interesantes ou pertinentes.
  4. s f LING Termo da glosemática que indica un engadido calquera a un texto.
  5. s f MAT Procedemento que, dados os n valores y 1 , y 2 ,..., y i ,..., y n dunha función y = g(x) nos puntos x 1 , x 2 ,..., x i ,..., x n , permite calcular, aproximadamente, os valores de g(x) en puntos intermedios aos dados.