interlingua

< inter- + lingua
Plural: interlinguas
  1. s f LING Tipo de lingua que se produce por aquel que aprende unha segunda lingua ou unha lingua estranxeira, durante o proceso de aprendizaxe desa lingua.
  2. s f LING Representación do significado conceptual do texto orixinal, a partir da que se xera a súa tradución, e que pretende ser neutral respecto ás linguas traducidas.