interior

< lat interĭōre
Plural: interiores
  1. adx Que está na parte de dentro dunha cousa.
  2. adx Relativo ou pertencente ao espírito.
  3. adx Aplícase a unha vivenda que non ten vistas á rúa.
  4. adx POLÍT Aplícase á política interna dun país, especialmente polo que fai referencia ás cuestións de goberno e de orde pública.
  5. s m
    1. Parte de dentro de algo.
    2. Parte interior dunha casa.
    3. Parte dun país situado no centro, que non ten saída ao mar.
  6. s m Conxunto de pensamentos que non se exteriorizan.
  7. interior dun conxunto MAT Dado un conxunto A, conxunto de puntos interiores de A, é dicir, conxunto dos puntos de A que teñen un contorno non pechado en A.

Antónimos

Citas

  • Abriu unha tenda de decoración de interiores
  • As portas interiores son de madeira, Sempre leva a roupa interior de cor branca
  • Atoparon o corpo no interior do vehículo
  • É un soñador e a súa vida interior é moi intensa
  • No seu interior ten moita dor
  • O seu cuarto é interior
  • Ourense é unha cidade do interior