interferencia

< ingl interference
Plural: interferencias
  1. s f Acción e efecto de interferir.
  2. s f FÍS/COMUN Recepción ou rexistro de información, nun sistema de transmisión, de calquera transferencia de enerxía proveniente doutras fontes que provoca unha perturbación naquela información.
  3. s f FÍS Fenómeno que ten lugar cando nunha rexión do espazo se superpoñen movementos ondulatorios.
  4. s f LING Cambio lingüístico en calquera nivel dunha lingua por innovación, perda ou substitución dalgún dos seus elementos, motivado directamente polo influxo doutra lingua, particularmente nas situacións de contacto de linguas.

Formas incorrectas

interferenza