interacción

< inter- + acción
Plural: interaccións
  1. s f Acción ou influencia mutua ou recíproca.
  2. s f AERON Influencia aerodinámica dun elemento dunha aeronave sobre os outros.
  3. FÍS
    1. s f Acción recíproca que exercen dous sistemas físicos.
    2. interacción electromagnética Interacción que actúa entre partículas cargadas electricamente e é a responsable da estructura do átomo.
    3. interacción feble Interacción que se manifesta no decaemento beta dos núcleos radioactivos.
    4. interacción forte Interacción responsable da cohesión do núcleo atómico.
    5. interacción gravitacional Interacción que se manifesta pola atracción das masas e ten un alcance infinito. OBS: Tamén se denomina gravitación.