intensión

< lat intensĭone
Plural: intensións
  1. s f FILOS comprensión.
  2. s f FILOS Conxunto de propiedades dun obxecto representadas por un termo xeral, na lóxica moderna. Trátase de propiedades ben do obxecto, ben do termo designativo da clase destes obxectos.
  3. s f LING Primeiro momento da articulación dun son en que os órganos se dirixen cara á posición en que se emite ese son.