ZOOLConduta innata, reflexa e estereotipada que responde a un patrón xeneticamente establecido no animal grazas á experiencia filoxenética da súa especie. É moi importante na supervivencia das formas que carecen de coidado parental, polo que responden correctamente en canto nacen; noutros animais o comportamento pode ser modificado pola aprendizaxe.
PSICFacultade que teñen os seres vivos de actuar dunha maneira adecuada sen ter que recorrer á experiencia, á educación ou á reflexión.
smFacultade natural dalgúns individuos para realizar certas cousas.
smMED/PATImpulso conxénito a reaccionar diante duns estímulos emotivos particulares.