instalación

< instalar
Plural: instalacións
  1. s f Acción de instalar ou instalarse.
  2. s f Conxunto de equipamentos propios dun servizo.
  3. s f TECNOL
    1. Colocación e montaxe dun conxunto de aparatos para un uso ou un servizo.
    2. Conxunto de aparatos instalados.

Citas

  • A instalación do escenario levoulles toda a mañá
  • O alcalde inaugurou as novas instalacións deportivas