insomnio

< lat insomnĭu
Plural: insomnios
  1. s m PAT Trastorno do sono que consiste nunha dificultade para durmir ou nun desvelo precoz.

Refráns

  • Amores e dores quitan o sono.
  • Deitarse e non durmir, esperar a quen non chega e sen soldada servir son cousas desesperadas nas que non debes caír.
  • Viúva que non dorme, casar quere.