inscrición

< lat inscriptiōne
Plural: inscricións
  1. s f Acción de inscribir ou inscribirse.
  2. s f ARQUEOL Texto breve escrito ou gravado sobre calquera tipo de superficie en lembranza dunha persoa ou feito importante.
  3. s f ARQUIV Fórmula na que se expresaba o nome do destinatario nun documento.
  4. s f DER Asento principal practicado nun rexistro.
  5. inscrición marítima DER Rexistro creado polas autoridades marítimas españolas para substituír a matrícula de mar (1873) no que deben inscribirse todas as persoas que se dediquen á navegación ou ás industrias relacionadas co mar.

Citas

  • Despois da súa inscrición nas listas á candidatura variou o discurso