inquedo -da

Plural: inquedos Masculino: inquedo Masculino plural: inquedos Feminino: inqueda Feminino plural: inquedas
  1. adx
    1. Que se move moito e non acouga.
    2. p ext Aplícase ás cousas que presentan máis movemento do normal.
  2. adx Aplícase ás persoas que emprenden novas iniciativas ou actividades constantemente.
  3. adx Que se atopa nun estado de excitación ou ansiedade.
  4. adx Que difunde axitación e desorde.