información

< lat informatĭōne
Plural: informacións
  1. s f Acción e efecto de informar ou informarse.
  2. s f Noticia ou noticias que se queren coñecer.
  3. s f Conxunto de datos contidos nunha mensaxe.
  4. teoría da información TECNOL Teoría matemática que trata a transmisión, o almacenamento e a transformación da información.

Citas

  • Na prensa de hoxe aparecen en titulares varias informacións interesantes
  • O decreto limita a liberdade de información, Non teño a suficiente información para opinar