influencia

< inflŭente, p pres de influĕre
Plural: influencias
  1. s f Acción e efecto de influír.
  2. s f
    1. Poder de influír en alguén ou en algo.
    2. Persoa ou persoas poderosas coas que se ten amizade e das que un se vale para o seu propio beneficio.
  3. s f FÍS Efecto que se produce a distancia.
  4. influencia electrostática FÍS indución electrostática.

Sinónimos

Citas

  • Ambos os autores presentan influencias recíprocas, A presencia do pai exercía unha mala influencia sobre o fillo, A influencia gala é moi patente na súa obra
  • Botou man das súas influencias para enchufar o fillo no concello
  • Cando perdeu a influencia entre os candidatos deixou a política