infinito -ta

Plural: infinitos Masculino: infinito Masculino plural: infinitos Feminino: infinita Feminino plural: infinitas
  1. adx Que non ten fin ou límite.
  2. adx Que non se pode medir ou contar por ser moi numeroso.
  3. adx FILOS Que non ten límite na súa propia perfección. Tm s, referido a ser.
  4. adx MAT Aplícase ao conxunto que se pode poñer en correspondencia bixectiva cun subconxunto estrito seu.
  5. adx MAT Aplícase ao valor máis grande ca calquera outro que se poida dar.
  6. adx LING Aplícase ao conxunto de formas do verbo que, ordinariamente, carecen de categoría e persoa gramatical, o infinitivo, xerundio e participio.
  7. s m Aquilo que non ten límite nin no espazo nin no tempo, especialmente o espazo ilimitado.