inestabilidade

< 1 in- + estabilidade
Plural: inestabilidades
  1. s f Calidade de inestable.
  2. inestabilidade atmosférica METEOR Situación da atmosfera terrestre en que as partículas de aire non permanecen estables.
  3. inestabilidade elástica FÍS Estado que só precisa unha acción externa infinitamente pequena para perturbar o equilibrio e provocarlle unha flexión, nun sistema elástico sometido a forzas de compresión lonxitudinais.
  4. inestabilidade nuclear FÍS Configuración do estado enerxético dun núcleo atómico, que lle confire unha probabilidade non nula de emisión radioactiva espontánea.