smECONCifra ou variable que serve de referencia para obter información sobre o desenvolvemento económico.
smQUÍMComposto químico que se emprega en análise para pór de manifesto, xeralmente por un cambio de cor, o punto de equivalencia das volumetrías.
smTECNOLInstrumento para sinalar a presenza ou medir a intensidade dun fenómeno ou unha magnitude físicos.
indicador de nivel /METROL/FÍSDispositivo de funcionamento mecánico ou eléctrico para controlar o nivel do líquido contido nun depósito ou noutro recipiente.
indicador de presiónTECNOLDispositivo para determinar o diagrama de presións no interior do cilindro dun motor de explosión en función do percorrido do émbolo.
indicador de sintoníaTECNOLDispositivo que se emprega en certos receptores de radio para indicar o punto exacto de sintonía.
indicador bacteriolóxicoECOLBacteria que indica a existencia de polución orgánica ou de microorganismos patóxenos nun medio, xeralmente acuoso.
indicador ecolóxicoECOLOrganismo que indica a existencia dunhas condicións determinadas de clima, sol, temperatura ou polución, dunha rexión ou hábitat.
indicador físicoFÍSParámetro físico para tipificar a existencia de polución dun medio, xeralmente acuoso.
indicador químicoQUÍMParámetro químico para tipificar a existencia de polución dun medio, xeralmente acuoso.