aminofenol

< amino- + fenol
Plural: aminofenois
  1. s m QUÍM Substancia orgánica que ten polo menos unha función amina e unha función fenol.
  2. s m m-aminofenol QUÍM Composto que se utiliza na síntese de colorantes.
  3. s m o-aminofenol QUÍM Composto que se utiliza para tinguir peles e cabelos, e na síntese de colorantes e produtos farmacéuticos.
  4. s m p-aminofenol QUÍM Composto que se utiliza para tinguir peles e coiros, na síntese de colorantes e, en forma de clorhidrato, como revelador fotográfico.