inconsciente

< inconsciencia
Plural: inconscientes
  1. adx Que se fai sen conciencia nin vontade.
  2. adx Que perdeu o coñecemento.
  3. adx Que actúa sen pensar e sen prudencia. Tm s.
  4. s m FILOS Ámbito epistemolóxico ou metafísico que non está afectado de consciencia.
  5. PSIC
    1. s m Conxunto de procesos que condicionan a conduta e que non afloran ao umbral da consciencia. Foi S. Freud quen puxo de relevo a súa importancia no comportamento humano.
    2. inconsciente colectivo Inconsciente común a todos os individuos, que está composto por arquetipos ou modelos de conduta que pertencen ao dominio do instinto, creado a través de experiencias milenarias da humanidade.

Antónimos

Confrontacións

Citas

  • Fixo un xesto inconsciente para protexer a cara
  • Lembra o ben que o pasaban naqueles inconscientes anos da mocidade, Es un inconsciente ao ir en moto sen casco
  • Os nenos eran inconscientes do que facían
  • Quedou inconsciente e levárono ao hospital