incidencia

< lat incidentĭa
Plural: incidencias
  1. s f Acción de incidir.
  2. s f Feito ou suceso que ocorre no desenvolvemento dun asunto.
  3. s f Consecuencia ou efecto que ten unha cousa sobre outra.
  4. FÍS
    1. s f Choque dun proxectil, dunha onda ou dun raio sobre unha superficie.
    2. ángulo de incidencia Ángulo que está formado pola dirección de propagación e a normal á superficie nun punto sobre o que incide un proxectil, unha onda ou un raio.
    3. punto de incidencia értice do ángulo de incidencia.
  5. incidencia do imposto ECON Repercusión efectiva da imposición fiscal.

Sinónimos

Citas

  • Fixeron a viaxe sen ningunha incidencia salientable
  • O prezo dos combustibles ten moita incidencia sobre o IPC

Palabras veciñas