impulso

< lat impulsu
Plural: impulsos
  1. s m
    1. Acción de impulsar.
    2. FÍS Dada unha forza F(t) que actúa sobre unha partícula de masa m durante un intervalo T, magnitude definida pola fórmula I = ?TOF(t)dt.
  2. s m fig Forza ou enerxía que move a alguén a facer algo.
  3. s m FÍS Sinal eléctrico de duración moi breve de maneira que presenta un aumento, seguido dunha diminución brusca do seu valor.
  4. s m AERON Forza producida polos propulsores dunha aeronave ou dun foguete que é a que causa o seu movemento. Mídese en newtons.
  5. s m FÍS Forza que ten un sentido oposto ao peso, á que están sometidos os corpos mergullados ou os que flotan nun fluído.
  6. centro de impulso FÍS Punto en que se aplica a resultante das forzas de impulso que actúan sobre un corpo.
  7. impulso aerodinámico/dinámico FÍS Forza que é a responsable da sustentación dos avións no voo e que intervén, en parte, na dos submarinos e aeróstatos.
  8. impulso/delta de Dirac MAT/TECNOL/FÍS Función simbólica δ(x) que permite representar formalmente as transformacións funcionais idénticas como as transformacións integrais.
  9. impulso específico ASTRON Impulso mecánico por unidade de peso que se produce por un explosivo propulsor. O impulso específico indica a calidade do propulsor desde un punto de vista enerxético.

Sinónimos

Confrontacións

Citas

  • Aqueles consellos foron un bo impulso para que se decidise a actuar
  • Nun dos seus impulsos deulle unha labazada