Ir ao contido principal
DIGALEGO | Dicionario de Galego
DIGALEGO
Dicionario de Galego
DIGALEGO | Dicionario de Galego
Selector de idioma
Galego
Castellano
Pechar o selector de idioma
Participa
Outros recursos
O dicionario
Galego
Castellano
Participa
Outros recursos
O dicionario
Abrir/pechar menú
Características
Abreviaturas
Apéndice gramatical
Créditos
DIGALEGO | Dicionario de Galego
DIGALEGO
Dicionario de Galego
DIGALEGO | Dicionario de Galego
Definicións
Sinónimos
Conxugador
Refráns
Buscar termo
Opcións avanzadas
Palabra completa
Comeza por
Contén
Remata en
En toda a entrada
Idioma
Seleccione un idioma
Inglés
Castelán
Francés
Italiano
Buscar termo
Buscar termo
Buscar termo
amigo -ga
Escoitar
< lat amicu
Plural:
amigos
Masculino:
amigo
Masculino plural:
amigos
Feminino:
amiga
Feminino plural:
amigas
adx
Que está unido pola amizade con alguén.
adx
Que ten afección por algo ou por alguén.
s
m
Persoa con quen alguén fai vida matrimonial sen estar legalmente casados.
s
m
LIT
Termo para designar ‘o amado, o namorado’, nas cantigas de amigo da lírica galego-portuguesa medieval.
números amigos
MAT
Dous números, dos que cada un é a suma de todos os divisores do outro.
Sinónimos
amante
Confrontacións
camarada
,
colega
Citas
Aquel home é o amigo, disque vai casar con ela
Coñezo a un señor da aldea que é un verdadeiro amigo dos paxaros
Necesitaba desafogar cun amigo todas as penas que sentía
Os amigos das artes doaron cinco cadros ao museo central
Os amigos do goberno solucionáronlle a papeleta ao presidente
Son vellos amigos posto que se coñecen dende a infancia
Unha palabra amiga mellorou o seu estado de saúde
Refráns
A amistade coñecela e non perdela.
A boa correspondencia as amistades conserva.
A quen queiras de corazón, dálle pares, nones non.
A quen tes que agarimar non o fagas chorar.
Amigos que loitan por un codelo, ou a fame é moita ou o querer é pequeno.
Amigos que se desaveñen por un pan, non saben o que é amistá.
Amistade que non conviñer, hase descoser mais non romper.
Ás amistades certas, portas abertas.
Cando un amigo pide, non hai mañá.
Co bo amigo collerás o teu trigo e venderás o teu viño.
Comadres e veciñas ás veces rifan e ás veces moi arniguiñas.
Conserva o amigo teu co vicio seu.
Entre amigos non hai cousa segreda.
Entre amigos, escribán e testigos.
Entre bos amigos están de máis os testigos.
Nunca queiras do amigo máis do que el quixer contigo.
Nunca queiras do teu amigo máis do que el quixer contigo.
O amigo e o cabalo non hai que cansalo.
O amigo e o cabalo, non o leves ao teu cabo.
Ó amigo hai que aturalo co seu vicio.
O amigo verdadeiro, deitalo no celeiro.
O amigo, sufrilo.
O bo amigo no ben e no mal está contigo.
Ó bo amigo non lle gardes segredo, que te expós a perdelo.
O bo amigo, co teu pan e co teu viño.
O dente e o amigo, sufrilo coa súa dor e co seu vicio.
Ó teu amigo dille a mentira; se che garda poridade, dille a verdade.
Ó teu amigo gáñalle un xogo e vólvello logo.
Os mellores amigos son os que rifan.
Para conserva-la amistade, parede no medio.
Para quen nos quere teñamos, que para quen non nos quere ternos de abondo.
Por un amigo non é pecado que se emborrache un home honrado.
Por un amigo xa se pode botar un gotiño.
Quen che dá un óso non te quere ver morto.
Se ao teu amigo dás unha cousa, non lle pidas outra.
Se ben me queres, trátame como debes.
Será teu amigo o que te tire do perigo.
¡Malia o amigo que o foi do pai e non é do fillo!
Palabras veciñas
amigdaloide
amigdalósido
amigdalotomía
amigo -ga
amikacina
amil-
amiláceo -a