amígdala

< lat amygdăla gr ἀ μυγδάλη ‘améndoa’
Plural: amígdalas
  1. s f ANAT
    1. Órgano constituído por un retículo de tecido linfático e epitelial.
    2. amígdala farínxea ou de Luschka Amígdala situada na porción nasal da farinxe. A súa hipertrofia constitúe a afección denominada vexetacións adenoides.
    3. amígdala lingual Amígdala situada no dorso da lingua.
    4. amígdala palatina Cada un dos dous órganos que se atopa a un e outro lado do padal, entre os piares. A súa inflamación coñécese como amigdalite.
    5. amígdala tubárica Amígdala localizada na trompa de Eustaquio, como parte integrante do anel linfático de Waldeyer.
  2. s f p ext ANAT Lóbulo raquídeo do cerebelo, de forma semellante ao dunha amígdala.