imperativo -va

Plural: imperativos Masculino: imperativo Masculino plural: imperativos Feminino: imperativa Feminino plural: imperativas
  1. adx
    1. Que contén ou denota algún mandamento ou orde.
    2. Que non pode ser evadido ou evitado.
    3. LING Aplícase ao modo verbal que expresa unha orde dada a un ou máis interlocutores, nas oracións afirmativas, ou ben unha prohibición, nas oracións negativas. Tm s m.
    1. s m Mandato ou obriga impostos.
    2. s m FILOS Forma en que se expresan os mandamentos éticos.
    3. imperativo categórico FILOS Imperativo, que a diferenza do hipotético, non está condicionado polo fin e establece que a máxima dunha acción pode converterse nunha lei universal da natureza.