impedancia

< fr impédance
Nome científico: Z Plural: impedancias
  1. s f FÍS Cociente entre a tensión e a corrente dun circuíto de corrente alterna. Representa a resistencia aparente do circuíto, cuxa unidade de medida é o ohm.
  2. impedancia acústica FÍS Magnitude, no estudo da propagación dun son, igual ao cociente entre a amplitude de presión acústica e a amplitude de velocidade das partículas do medio.