impaciente

< lat impatĭēnte
Plural: impacientes
    1. adx Que non ten paciencia para esperar. Tm s.
    2. adx Que está nervioso e inquieto por algo.
  1. adx Que ten ansia por facer ou porque ocorra algo.

Antónimos

Citas

  • A súa mirada impaciente mostraba o nervioso que estaba
  • Canto máis miraba o reloxo, máis impaciente se poñía
  • Está impaciente por saber a nota do exame
  • Non sexas impaciente e espera que che toque a vez